En previsión dos traballos de ensanche e pavimentación que o Concello vai levar a cabo proximamente na rúa Canto, en Sobrán, hoxe mesmo comezou unha actuación previa de mellora da rede de abastecemento de auga. Co obxectivo de previr futuros problemas no servizo que obrigasen a levantar o pavimento despois de acondicionado, o goberno local acordou executar previamente a renovación do tramo da canalización da auga que aínda é de fibrocemento e substituílo por outro novo de PVC. |