Vilagarcía, 28 xaneiro 2025.- O Concello de Vilagarcía vén de renovar a cesión temporal dun espazo no edificio de Matosinhos para que a Xunta poida seguir prestando o servizo de Inspección e Saúde Pública a todos os veciños e veciñas da comarca. Trátase dun espazo de 266 metros cadrados para atender aos usuarios durante o 2025; a autorización renegociarase anualmente entre ambas administracións.