|
OBRAS E SERVIZOS
Comezan as obras de ensanche da rúa Fernández Flórez, que mellorará os accesos ao barrio do Piñeiriño dende Pablo Picasso |
|
A empresa Montajes J. M. Iglesias vén de iniciar a esperada reforma da rúa Wenceslao Fernández Flórez, que dá acceso ao populoso barrio do Piñeiriño, pero tamén ao complexo polideportivo de Fontecarmoa, dende a rotonda de Pablo Picasso, na confluencia da circunvalación do porto e a avenida de Cambados. A empresa ten por diante catro meses de traballo e un presuposto de 200.000 euros. Nesta fase inicial, os operarios traballan na realización das caixas sobre as que se levantarán os muros que permitirán ensanchar o vial. Como se sabe, esta obra foi posible, ademais de pola súa inclusión no plan +Provincia da Deputación, grazas á colaboración veciñal; dous propietarios ceden parte dos seus terreos e o concello fará os peches das fincas dos que tamén eles se beneficiarán. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|