A igrexa de San Cristóbal, no conxunto monumental de Vistalegre, acollerá este venres, día 3, un concerto do Tolemia’s Consort, un grupo coral formado na comarca que dende a súa creación en 2020 xa se ten feito un oco no panorama musical da provincia. O recital do venres encádrase no ciclo “Entradiñas de Aninovo” que patrocina a Deputación de Pontevedra. Será a partir das 7 da tarde, con entrada libre e gratuíta. No seu programa, Tolemia’s Consort fará unha mestura de música sacra, góspel e jazz. Estarán acompañados ao piano pola meañesa Goretti Domínguez, na actualidade profesora no Conservatorio Profesional de Música de Sevilla. |