O concello de Vilagarcía vén de acometer a reforma integral do entorno do parque de As Gaivotas, en Vilaxoán. Nesta última fase da actuación mellorouse o aspecto da zona deportiva coa colocación de canastras e porterías e o balado da pista. Na área tamén se colocaron mesas de pícnic, que chegarán a outras zonas do concello como Carril, Guillán e O Piñeiriño.
|