Baixo o lema “Nadal para TodXs”, o concello e a asociación de comerciantes e hostaleiros Zona Aberta, co colaboración de diversas entidades deportivas ligadas á bicicleta, acaba de poñer en marcha unha iniciativa solidaria e inédita na cidade: paseos nocturnos na carroza de Papa Noel para persoas dependentes ou con diversidade funcional, para que tamén elas desfruten do alumado e do ambiente de Nadal na vila. Os paseos inclúen sempre cun chocolate e un biscoito na Aldea do Nadal na praza de Independencia. |