O Concello renderá homenaxe a cinco vilagarciáns que, como consecuencia da Guerra Civil e da persecución posterior aos derrotados, foron deportados e acabaron en campos de concentración nazis. Salvo un, que foi liberado en 1945, unha vez concluída a II Guerra Mundial, os demais foron asasinados no campo de concentración de Gusen, complementario do de Mauthansen, a apenas 5 quilómetros do anterior na Alta Austria. Precisamente mañá, 31 de outubro, é do "Día de Recordo e Homanaxe a todas as vítimas do golpe militar, a Guerra e a Ditadura", establecido na Lei de Memoria Democrática, ao que o goberno local quere sumarse con esta iniciativa. |