Vilagarcía, 29 de xaneiro de 2025.- O Concello de Vilagarcía vén de encargar a redacción da segunda fase do proxecto de mellora na rúa Aquilino Iglesia Alvariño, localizada no barrio dos Duráns. Estas actuacións incluirán a apertura dun novo aparcamento disuasorio de 1.750 metros cadrados que poderá acoller uns 90 vehículos. Paralelamente, rematarase coa humanización desa rúa coa construción de beiravías. |