|
CONCELLO
O Concello reserva 60.000 euros dos orzamentos para colaborar na ampliación do cemiterio parroquial de Rubiáns |
|
O Concello de Vilagarcía colaborará economicamente na obra da ampliación do cemiterio parroquial de Rubiáns mediante a achega dos 60.000 euros reservados nos Orzamentos Municipais que se presentan ao Pleno o vindeiro mércores. A medida responde ao compromiso adquirido polo goberno local coa Comunidade de Montes de Rubiáns, promotora do proxecto no que participan tamén veciños da parroquia a título particular. A axuda municipal destinarase á fase inicial das obras, consistente en urbanizar a parcela anexa ao camposanto parroquial, preparar os terreos e construír os servizos básicos e obrigatorios dos que carece o actual cemiterio. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|