A veciñanza de Trabanca Badiña e todas as persoas que desexen gozar dunha noite de cine ao aire libre terán a oportunidade de facelo mañá, venres 26 de xullo, nesta parroquia de Vilagarcía grazas ao Fantasio na Rúa. O programa organizado pola Concellería de Xuventude proxecta mañá, venres 26 de xullo, “Amigos hasta la muerte”, a primeira incursión na dirección do cómico galego Javier Veiga. A sesión celebrarase a partir das 22.00 horas no parque do centro sociocultural do lugar. |