No marco da estratexia do Vaicar!, o Concello de Vilagarcía vén de adxudicar as obras que permitirán abrir un novo aparcamento disuasorio na zona da Lomba. O contrato a realizar pola empresa Construcciones, Obras y Viales S.A. (Covsa) cun importe de 48.383,29 euros ten como finalidade acondicionar o solar municipal de Desamparados para crear 83 novas prazas de estacionamento público e gratuíto. Os traballos teñen un prazo de execución de un mes e fináncianse a través dos fondos europeos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e máis en concreto, dentro da liña de actuacións para a Transferencia do modelo turístico cara á sustentabilidade. |