A fin de semana do 12 e 13 de outubro trae á Praza da Peixería de Vilagarcía unha interesante cita na que se dan a man baloncesto, música e comida. Tras o éxito da experiencia do ano pasado regresa o Basketapea, o evento organizado polos clubs CLB e Cortegada co obxectivo de inaugurar a tempada presentando publicamente aos seus equipos nunha gran festa da que queren facer partícipe a toda a cidade. A actividade gastrodeportiva, como eles a definen, presentouse esta mañá no Concello. |