O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, dirixiu hoxe sendas cartas ao Servizo Provincial de Costas e ao ente público Portos de Galicia para que aclaren dunha vez a quen corresponde a competencia sobre a praia do Preguntoiro, en Vilaxoán, pendente da súa rexeneración dende hai varios anos (a última intervención foi en 2015). O alcalde esixe unha aclaración inmediata e, ante todo, que, con independencia do titular, o areal debe estar rexenerado antes da vindeira temporada estival. Como se sabe, O Preguntoiro chegou a gozar do distintivo da Bandeira Azul. |