Diante das malas previsións meteorolóxicas, o goberno local vén de acordar o peche das instalacións deportivas municipais durante o día de mañá, no que se esperan fortes chuvias e ventos. A medida inclúe campos de fútbol, pavillóns e o complexo polideportivo de Fontecarmoa, incluída a piscina. Loxicamente, tamén as actividades que ofrece a Fundación de Deporte acotío. |