|
CULTURA
A Sinfónica de Galicia estrea mañá a temporada da SFV cun concerto gratuíto patrocinado polo Concello |
|
Vilagarcía volve facer gala da súa condición de “cidade da música” co concerto que a Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá mañá, 10 de outubro, no Auditorio Municipal. A prestixiosa formación actuará ás 20.30 horas para inaugurar a nova temporada da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía, un evento que a Concellería de Cultura patrocina co obxecto de facilitar o acceso do público á música clásica. Grazas a isto, 350 persoas poderán asistir de balde ao espectáculo. Os billetes retiraranse no Auditorio antes do inicio da actuación e entregaranse por rigorosa orde de chegada. Os socios da SFV teñen entrada gratuíta e non precisan de invitación. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|