A xefatura provincial de Tráfico arrancou hoxe en Vilagarcía unha nova campaña de concienciación sobre as distraccións ao volante, que, segundo manifestou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, está detrás de 1 de cada 3 accidentes con feridos graves ou mortos. No dispositivo montado no cruce de Rubiáns, na estrada de Vilagarcía á capital da provincia participaron hoxe varios coches patrulla e efectivos da Garda Civil e da Policía Local. As multas polo uso de móbiles e similares van dos 3 aos 6 puntos de carné e dos 200 ao 300 euros. |