Co obxectivo de evitar colas e esperas na Festa da Ameixa do Carril que se celebra o domingo, a Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo, organizadora do evento, decidiu facer unha venda anticipada dos tickets para as consumicións. Será este sábado, o día anterior á cita gastronómica, na Praza de Galicia, onde todas as persoas que o desexen poderán adquirir os billetes para trocar o domingo no Carril polas racións das saborosas ameixas á mariñeira e as bebidas incluídas na carta, de xeito que o día da festa poderán dirixirse directamente ao mostrador de despacho das viandas. A carpa funcionará de 11 a 14 horas. |