A Xunta de Goberno aprobou onte presentarse a un novo programa da Deputación coa que podería lograr nova financiación para a ampliación da piscina de municipal. De logralo, o concello vería liberados 1,1 millóns de euros de fondos propios, que, deste xeito, poderían ser dedicados a outros proxectos. O prego de licitación xa está listo e a financiación, garantida, posto que está aprobado o préstamo de 4,9 millóns de euros. Que saia máis ou menos pronto a concurso -en todo caso, cuestión de semanas- dependerá da concreción dos fondos económicos aos que serán adscritas. |