O auditorio municipal acollerá o vindeiro xoves, 7 de novembro, os VIII Encontros para o Emprego que promove Vives Empresa Saudable, da ONG Acción Contra el Hambre. O evento encádrase dentro dos proxectos de apoio ao emprego dirixidos a persoas en situación de vulnerabilidade, financiados polo Fondo Social Europeo, coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de A Coruña e os concellos de Teo e Vilagarcía. Comezará ás 9 da mañá e concluirá ás dúas da tarde, e incluirá charlas motivacionais, talleres e xuntanzas con demandantes e ofertantes de emprego. |