|
FORMACIÓN
O alumnado do Labora Xove comeza a fase de prácticas vixiando as praias e instalando placas solares no Concello |
|
O alumnado das especialidades de socorrismo acuático e enerxías renovables do obradoiro Labora Xove 2023 iniciou nestes días o seu período de formación en obra mediante a realización de obras e servizos para o Concello. En concreto, prestando apoio ao servizo de vixilancia das praias os primeiros, e instalando placas solares na Casa Consistorial os segundos. Coa realización desta prácticas, os 16 participantes no programa de emprego complementan a formación teórica recibida nos últimos meses de cara a obtención dos certificados de profesionalidade que lles permitirán acceder ao mercado laboral unha vez rematado o obradoiro. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|