A Festa da Ameixa do Carril volve á orixe, é dicir, co espírito dos anos 90 do século pasado, cando naceu. O principal será a degustación do bivalvo, desta volta de xapónica en substitución da babosa, que tralas duras condicións meteorolóxicas do outono e o inverno “practicamente desapareceu” non só no Carril, senón en toda a Ría, segundo advertiu o patrón maior, Javier Quintáns. A gran cita será o domingo 11 de agosto. O sábado anterior xa se venderán “tickets” para evitar aglomeracións ao día seguinte. |