Vilagarcía, 15 xaneiro 2025.- A ría de Arousa, o solpor e unha panorámica sobre a Illa de Cortegada, alegrarán a vista dos milleiros de usuarios do metro que acudan a semana que vén a FITUR, grazas á posta en marcha dunha campaña de promoción lanzada polo Concello de Vilagarcía. O obxectivo é aproveitar a celebración da Feira Internacional de Turismo máis importante do país para reforzar a mensaxe de que Madrid, grazas ao AVE, está máis preto de Vilagarcía e das Rías Baixas que nunca. |