Vilagarcía, 21 de xaneiro de 2025.- A Xunta Local de Goberno vén de aprobar a posta en marcha dun plan de reparación de beirarrúas que se porá en marcha no casco urbano da vila de xeito inmediato. O presuposto para as obras de mantemento ascende a 48.000 euros.