O Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, estreará este mércores, 15 de xaneiro, a exposición "Louza de Bamio, mulleres e territorio". Trátase dunha oportunidade única para dar a coñecer a importancia desta industria da parroquia vilagarciá, lamentablemente, aínda moi descoñecida. A mostra, que estará aberta do 15 de xaneiro ao 2 de febreiro, foi presentada hoxe polo alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, a Presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón. |