Vilagarcía de Arousa, 10 de xaneiro de 2025.- No marco de IV Plan de Igualdade de Concello de Vilagarcía, o Centro de Información á Muller (CIM) acaba de convocar o XIX Premio para a igualdade de xénero, “Boas prácticas na escola”, para o curso 2024-2025. Trátase dun certame no que se premiarán os traballos presentados polos alumnos de todos os niveis, tanto de ensinanza regrada como non regrada, en prol da consecución dun mundo máis igualitario entre homes e mulleres. |