O cartel dos concertos gratuítos das festas de San Roque 2024 inclúe unha gala lírica que renderá homenaxe a dúas das máis grandes figuras da ópera mundial de todos os tempos: Luciano Pavarotti e Monserrat Caballé. A velada que protagonizarán a sobriña do tenor italiano e a filla da soprano española celebrarse o luns, 19 de agosto, ás 22.30 horas no parque da Xunqueira. Neste mesmo escenario, e tamén con entrada de balde, actuarán durante as festas patronais de Vilagarcía Guadi Galego (14 de agosto), Café Quijano (17), Anni B Sweet (18) e Antonio Carmona (20). |