Á extensa programación cultural, de ocio e de animación de rúa posta en marcha polo Concello a través de diversas áreas, súmase dende mañá, día 20, a Aldea de Nadal na praza da Independencia. Unha decena de casetas, un trono para Papa Noel e unha carpa en forma de burbulla para facer desenvolver as máis diversas actividades, todos os días, a maioría deles en xornada de mañá e tarde, ata o 4 de xaneiro. Con respecto a outras edicións, nesta hai máis actos e máis diversos, buscando ademais unha maior participación interxeneracional entre avós, fillos e netos. Nas casetas poderán adquirirse todo tipo de agasallos para estas datas. |