A Fundación Municipal de Deportes xa ten todo listo para a celebración da Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía, o evento deportivo de verán que se celebra tradicionalmente a última fin de semana do mes de xullo. A proba, que este ano chega a súa vixésima edición, terá lugar o sábado 27 de xullo. Os interesados poden anotarse a través da web http://www.champinchipnoprte , ata as 23.59 horas do día 23 de xullo. A participación na proba absoluta limítase a 350 persoas, respectando a orde de inscrición. |