|
CONCELLO
O Concello contrata o proxecto para reparar a pérgola de madeira do parque da Coca |
|
A Concellería de Medio Ambiente, a través do seu departamento de Parques e Xardíns, puxo en marcha una nova actuación para garantir o mantemento das zonas verdes e de esparexemento do municipio. Neste caso afectará ao parque da Coca e consistirá na reparación da pérgola de madeira que cobre a zona de xogos infantís. O primeiro paso xa está dado e consistiu na contratación dos traballos de redacción do proxecto técnico e na dirección de obra, adxudicados á firma JH. Arkmo por importe de 1.815 euros. Unha vez se dispoña do documento licitaranse os traballos para os que o Concello xa ten reservada partida económica nos orzamentos de 2024. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|