O goberno local presentou onte a diversos representantes veciñais de Vilaxoán a súa idea para a reforma integral da rúa Veiga do Mar, que comunica a avenida de Cambados co Preguntoiro, e que hoxe, malia a súa alta utilización, carece de beirarrúas. Deste xeito, o primeiro obxectivo da proposta é facer compatible o uso peonil co tráfico xerado polo transporte público e privado, ademais do de mercadorías, pero sempre tendo en conta a prioridade dos viandantes. A plataforma non será única, pero si terá diferentes materiais, tanto nas beirarrúas como nas interseccións e incluso no vial (Indicación de Tráfico S-28: “rúa residencial”), que deixarán clara a preferencia. |